PROGRAMAS E ACTIVIDADES





ACTIVIDADES FORMATIVAS

›voltar ao índice

imagen xoven

Desde este servizo municipal lévanse a cabo varias actividades formativas ao longo do ano que xorden como resultado da colaboración entre profesionais e colectivos, e que pretenden dar acollida a mozos e mozas con diferentes motivacións.

Unha das temáticas que se tratan nestes cursos son as novas tecnoloxías arredor das cales ao longo do ano se desenvolven diversas propostas formativas para que os mozos e mozas non se acheguen só como receptores das diferentes posibilidades da tecnoloxía, senón que se convirtan en axentes activos no deseño de produtos propios axeitados as súas necesidades. Ademais ofrécense cursos con outras temáticas distintas relacionadas coa imaxe ou co deporte como cursos de fotografía, realización de documentais, cursos de capoeira ou break-dance...

A formación musical para os grupos que realizan os seus ensaios nos Locais Municipais de Música para a Xuventude de Compostela é outro dos nosos centros de interese que canalizamos a través da proposta de producción e coaching musical, jam sesións ou máster class.

icono_pdf  Proposta formativa do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche

icono_pdf  Proposta formativa nos Locais Municipais de Música para a Xuventude
de Compostela

›voltar ao índice



ACTIVIDADES DOS CLUBS

imagen xoven

›voltar ao índice

Con sede no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche, creáronse dous clubs que dan resposta ao interese de colectivos xuvenís ao redor do xogo de rol e a tenencia de animais de compañía.

CLUB SÓ LLES FALTA FALAR

actividades

pdf  Actividades

pdf  Ficha inscrición

link  http://www.sollesfaltafalar.org/

 

CLUB DE ROL DO ENSANCHE

actividades

pdf  Actividades

pdf  Ficha inscrición

›voltar ao índice

CERTAME MUSICAXOVE

›voltar ao índice

actividades

Na liña de apoio á creatividade musical créase este Certame que, ademais de ter como destinatarios aos artistas emerxentes que manteñen a súa actividade en Santiago, ábrese ao intercambio e á ampliación do circuíto, dando cabida a todas aquelas bandas e solistas que desenvolvan a súa actividade en Galicia.

EDICIÓNS ANTERIORES

2008

pdf  Premiados

pdf  Cartel

 

2009

pdf  Premiados

pdf  Cartel

2010

pdf  Premiados

pdf  Cartel

 

EDICIÓN ACTUAL 2011

pdf  Bases e ficha de Inscrición

›voltar ao índice



 

PROGRAMA DE CULTURA URBANA COMPOSTELA SKATE

›voltar ao índice

fachada_ilustrada

Dentro das actividades para a xuventude que desenvolve este servizo municipal, contémplase a organización dun evento relacionado con diferentes expresións da cultura urbana, buscando a colaboración con colectivos que traballan neste ámbito.


Con tal motivo creouse o programa anual COMPOSTELASKATE, que vai pola súa segunda edición, e que acolle: Exhibición de Graffiti, Exhibición Breakdance, Concerto de Hip-hop, exposicións, talleres…, actuando como punto de encontro no que se dean cita diferentes colectivos interesados.

link  www.omarisquino.com

link  www.culturaurbanashop.com

 

EDICIÓNS ANTERIORES

2009

pdf  Premiados

pdf  Cartel

2010

pdf  Premiados

pdf  Cartel

›voltar ao índice

CARPA ITINERANTE POLOS CENTROS DE ENSINO

fachada_ilustrada

›voltar ao índice

Con carácter itinerante realízase nos diferentes institutos de Educación Secundaria da cidade, o programa INFORMAXOVE. Trátase de que grupos de estudantes de cada centro participen en catro sesións de traballo dirixidas por profesionais de colectivos con experiencia nestes contidos (Centro Xuvenil Don Bosco, Xeneme Intervención Social e IGAXES) sobre os seguintes centros de interese:

Ademais, esta iniciativa conta cunha mesa informativa onde atopar recursos sobre os diversos programas e actividades que desenvolve o Concello de Santiago e outras entidades para a xuventude.

link  www.cxdonbosco.org

link  www.igaxes.org

link  www.xeneme.com

link  www.querote.org

›voltar ao índice

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

›voltar ao índice

fachada_ilustrada

O achegamento á xuventude compostelana a través da iniciativa INFORMAXOVE, ten como segundo obxectivo constituír un grupo de voluntariado que, ao longo dos meses de verán realice un conxunto de labores que durante deste tempo permita a consolidación dun labor de voluntariado dos xóvenes participantes nesta iniciativa. De maneira resumida consideramos como prioritarias as seguintes accións de voluntariado:

icono_pdf   Folleto

icono_pdf  Ficha de inscrición

link  www.voluntariadogalego.org

link  www.usc.es/es/servizos/sepiu/

link  www.galiciasolidaria.org

link  www.cooperaciongalega.org

›voltar ao índice

PROGRAMA DE APOIO AO ASOCIACIONISMO

››voltar ao índice

fachada_ilustrada

Abriuse no curso 1999-2000 unha liña estable de apoio económico e material para a xuventude, que permita desenvolver iniciativas. A súa periodicidade anual posibilita ás asociacións prever uns recursos para executar as actividades previstas, xunto ao deseño e a creación de novas propostas.

ACTIVIDADES OBXECTO DE SUBVENCIÓN

A QUEN VAN DIRIXIDAS:

›voltar ao índice

PROGRAMAS EUROPEOS

›voltar ao índice

xovenes

O Programa de acción comunitario XUVENTUDE, encóntrase entre as prioridades que a Comisión Europea establece no marco deste programa para o período 2009-2013, co obxectivo de mellorar a calidade da formación da xuventude con vistas a incrementar as súas posibilidades de emprego e a participación activa. Integra os antigos programas A Xuventude con Europa e Servizo Voluntario Europeo. Para potenciar este programa e favorecer a presenza de mozos e mozas da cidade e de distintos colectivos xuvenís, creouse o Servizo local de accións do programa europeo Xuventude en Acción.

O programa “A xuventude en acción” está estruturado en cinco accións operativas:

Información:

Departamento de Xuventude
Tfno.: 981 543 001. Fax: 981 543 002
Correo electrónico: dptoxuventude@santiagodecompostela.org

Escola de Tempo Libre Don Bosco. Tfno.: 981 582 243

link  www.europa.eu/youth/index.cfm?l_id=ES

link  www.juventudenaccion.migualdad.es

›voltar ao índice

PROGRAMA DE EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL

›voltar ao índice

afectivo

En colaboración con aquelas institucións e colectivos que están a traballar esta temática potenciarase as actividades do programa de educación afectivo-sexual que se están a desenvolver nos institutos da cidade. Deste xeito, poderanse traballar todos os valores e actitudes necesarios para desenvolver unha educación afectivo-sexual que dea resposta ás necesidades e intereses dos mozos e mozas composteláns no seu proceso de crecemento e madurez.

Así mesmo, o programa vertebra as súas redes de cara á comunidade, xerando un servizo de información e asesoramento de EAS para a xuventude compostelá de cara a se converter nun referente para todos/as aqueles e aquelas que desexen obter información, asesoramento e resposta diante de calquer problemática ou dúbida.

Os contidos e medios da campaña son:

link  www.querote.org

link  www.colegaweb.org

link  www.fpfe.org

link  www.sec.es

›voltar ao índice

PROGRAMA DE EMPRENDEMENTO

›voltar ao índice

afectivo

Para fomentar a cultura emprendedora entre os xóvenes e dar resposta ás demandas relacionadas coa ocupación e o desemprego, o Concello de Santiago, a través da Concellería de Promoción Económica e Emprego, conta cun conxunto de programas e de recursos que é necesario difundir entre a poboación xoven de Compostela. Segundo os datos da Oficina de Promoción Económica, aproximadamente o 80% das persoas usuarias dos distintos programas que alí se desenvolven son persoas mozas.

Como programas específicos para a mocidade, contamos con iniciativas como:

link  www.maiscompostela.org

link  www.igape.es

›voltar ao índice

PROGRAMA DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

›voltar ao índice

afectivo

A UMAD pon a disposición dos centros de ensino da cidade, das asociación xuvenís e doutros colectivos, un conxunto de recursos: sesións informativas, recomendacións sanitarias, cursos, asesoramento psicopedagóxico, por citar algúns. Máis información en:

link  www.santiagodecompostela.org/umad/

link   www.pnsd.msc.es/

 

›voltar ao índice

PROGRAMA DE PRÉSTAMO DE BICICLETAS NA CIDADE DE SANTIAGO

›voltar ao índice

afectivo

Concello e Universidade dispoñen de servizos de fomento do uso da bicicleta.

Para máis información:

Tussa: Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano

Praza de Camilo Díaz Valiño s/n 15704 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 568 210

link  www.tussa.org

link   www.combici.es

›voltar ao índice

 

Blog Novas
chico_señalando
chica_andandoo

enlace a facebook

logo del Concello de Santiago