CONSELLO MUNICIPAL DE XUVENTUDE

concello

O Consello Municipal da Mocidade de Santiago de Compostela configúrase como un organismo de asesoramento, consulta, proposta e participación da mocidade no ámbito territorial do municipio.


A actuación do Consello Municipal da Mocidade refírese ás seguintes cuestións:

  1. a) Ser un espazo de encontro e coordinación entre o Concello de Santiago de Compostela e a realidade asociativa do municipio.

  2. b) Promover o coñecemento mutuo e o debate entre as diversas entidades xuvenís nos ámbitos que lle son propios: emprego, uso de espazos, orientación profesional, saúde, cultura, deporte, educación, lecer, entre outros.

  3. c) Servir de canle de mediación cos organismos públicos e privados en asuntos de interese común para a mocidade.

  4. d) Analizar as súas necesidades e demandas para propoñer respostas desde a administración local.

  5. e) Propoñer actuacións e acordos entre as distintas áreas municipais e calquera institución que incida coas súas accións no sector xuvenil.

  6. f) Promover o asociacionismo xuvenil no municipio de Santiago de Compostela.

  7. g) Calquera outro asunto que, pola súa importancia para a mocidade, lle sexa consultado.

pdf  Normativa

›voltar arriba


Blog Novas
chico_sev±alando
chico_señalando
chica_andandoo

enlace a facebook

logo del Concello de Santiago