Accións formativas
Para o alumnado

A formación realízase a través do establecemento de convenios con distintas Facultades e Escolas Universitarias da
Universidade de Santiago de Compostela (USC), en diferentes niveis de formación. As Facultades que teñen convenio coa
UMAD son:
Desde estas Facultades e Escolas Universitarias acoden alumnos e alumnas para a realización dunha formación teórico-práctica.
Para licenciadas e licenciados
Outro nivel é o que forman as licenciadas e os licenciados en Medicina e Psicoloxía, que se van alternando na UMAD dentro do Programa de Formación de Médicos Interno Residentes (M.I.R.) e Formación de Psicólogos Interno Residentes (P.I.R.).
Para estudantes de posgrao
Destinado a licenciadas e licenciados que realizan a formación teórico-práctica do
Máster en Psicoloxía Xurídica e da Escola de Práctica Xurídica, así como do
Máster de Asesoramento, Orientación, Mediación e Intervención Familiar.
Pero ademais dos mencionados hai outros convenios de formación que establece a UMAD con outras entidades:
- Convenios específicos para alumnos/as de Ciclos Superiores de Integración Social coa Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
- Convenios específicos para o desenvolvemento da formación en centros de traballo e no centro educativo CEE de Persoas Xordas, de Santiago de Compostela, dependente da Dirección Xeral de Formación Profesional e de Ensinanzas Especiais da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, para a realización de prácticas do Ciclo Formativo de Servizos Auxiliares de Oficina.
- Contratos de formación desenvolvidos ao abeiro do Programa Labora, para a mocidade licenciada en Dereito ou Educación Social ou con formación de conserxe-telefonista, sen experiencia laboral previa.