A UMAD consta dunha UA e dunha UD en réxime semirresidencial para abordar o tratamento dos transtornos derivados do abuso e da adición aos diferentes tipos de drogas. Ademais da posibilidade da derivación ás CT e da desintoxicación en réxime de internamento nas UDH.
A través do PIP, a UMAD ofrécelle ao paciente e á paciente a posibilidade de tomar parte, logo de superar a súa adición, nun programa que lle axude a integrarse novamente na sociedade, no mundo laboral, etc.
Desde os inicios a UMAD fixo unha aposta firme e decidida por centrar o seu campo de acción na prevención, no convencemento de que ésta é a liña fundamental na abordaxe do consumo de drogas e das súas consecuencias.
A UMAD ven de participar na Conferencia internacional: Saúde para todos - Un reto para os municipios e rexións.
Esta Conferencia realizouse o pasado 7 de outubro de 2011 celebrouse en Leipzig (estado de Saxonia, Alemaña)
A presenza da UMAD neste encontro internacional materializouse mediante o póster: O Camiño de Santiago – Camiñando hacia a saúde.
O contido do póster amosa o traballo desenvolvido no Municipio de Santiago de Compostela nestes anos nó ambito da prevención, sinalando os obxectivos, as metodoloxías e resultados acadados. Fundamentalmente destaca o éxito do traballo preventivo a través dun plantexamento comunitario.
Neste encontro participaron profesionais de diferentes países (Alemaña, Reino Unido, Estados Unidos de Norteamérica, etc.) para tratar temas relaciondos coa saúde e a prevención, desde unha perspectiva de proximidade local e rexional.
Ao longo da xornada desenvolvéronse ponencias, obradoiros e mostra de experiencias a través de pósters.