As festas turísticas por excelencia son as do Apóstolo, que teñen lugar durante a segunda quincena do mes de xullo combinando distintos programas entre os que está o Compostela Festival, no que se engloban os aspectos máis tradicionais do folclore galego, como o Día de exaltación do traxe galego e as Xornadas de folclore galego, coa música doutras culturas baixo o epígrafe de Músicas do Mundo.

Os espectáculos son variados e destinados a todos os públicos e celébranse en varios escenarios da cidade como a praza da Quintana, Toural, Alameda, Obradoiro, Teatro Principal, Auditorio de Galicia, multiusos Fontes do Sar...

O programa contempla actividades como cine ao aire libre, concertos de gran formato, pequenos concertos, orquestras, teatro de rúa, teatro de sala, animación na rúa, programación infantil, fanfarrias, Día das Bandas, voces do novo milenio, humor, danza... A festa do Apóstolo combínase tamén co Festival Internacional de Música de Galicia que complementa a actividade cultural no mes de xullo.
Compartir: