O Antroido conta cunha grande acollida na cidade e ten como momento máis importante o desfile que se celebra o martes, no que a participación é notoria contando con carrozas e comparsas formadas por grupos de veciños, colexios e grupos de amigos, incentivados polos premios que se entregan ao remate da xornada.

Toma un significado especial O Meco, personaxe do Antroido, que cada ano está representado por un motivo satírico relacionado coa festa.

As actuacións na rúa son constantes durante estes días animando o ambiente da cidade.
Compartir: