Premios Vagalume

Descrición

Obxectivos
Recoñecer o traballo que persoas individuais e colectivos da cidade realizan cunha clara vocación social.
Contribuír ao desenvolvemento de actitudes positivas cara o traballo social.
Estimular a cooperación, a solidariedade e a igualdade entre a cidadanía compostelá.

Tipo de actividade
Presentación de candidaturas por todas as asociacións, entidades e institucións que realicen o seu traballo no municipio de Santiago.
Cada candidatura deberá contemplar: breve biografía da persoa ou colectivo proposto, exposición do traballo que se realiza e que se considera obxecto de recoñecemento, e exposición razoada polo propoñente dos motivos que concorren no designado para a presentación da candidatura.
Entrega de premios nun acto público e que atenderá a dous apartados, un premio individual e un premio a unha entidade benéfica e social.

Organiza
Departamento de Educación e Xuventude.

Datos técnicos
Prazo de presentación de candidaturas: segundo a convocatoria anual, adoita ser durante o mes de novembro.
Entrega de premios: a determinar.
Horario: 20 h.
Lugar: Sala Mozart do Auditorio de Galicia.
Quen fai a actividade: Departamento de Educación e Mocidade.
Entrega de candidaturas: Rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela.
Observacións: o Departamento de Educación e Mocidade publicará na prensa e enviará aos diferentes colectivos e entidades da cidade a convocatoria e bases dos premios Vagalume.
Información: Departamento de Educación e Mocidade
Tfnos.: 981 554 400 / 554 401. Fax: 981 571 511

Solicítase en

Educación
Enderezo: Avenida Alcalde Raimundo López Pol, s/n. Edificio CERSIA
Tel.: 981 554 400 / 981 554 401
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Documentación



Compartir: