Solicitude de prórroga de autoliquidación do Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana (Plusvalía) por causa de morte

Descrición

Solicitude de prórroga para autoliquidar o imposto sobre o incremento dos terreos de natureza urbana no caso de transmisión por causa de morte.

Dirixido a

Ás persoas a cuxo favor se constitúa ou transmita un dereito real sobre un inmoble como consecuencia dunha transmisión mortis causa.
O obrigado ao pagamento, suxeito pasivo, será o herdeiro, legatario ou a comunidade de herdeiros.

Requirimentos

O prazo para solicitar a prórroga será de seis meses a contar dende a data de falecemento do causante.

O prazo para autoliquidar o imposto, se procede a prórroga, será dun ano a contar dende a data na que se constitúe ou transmite calquera dereito real de goce limitativo do dominio sobre o terreo, que é a data de falecemento do causante.

Documentación necesaria

  • Certificado de defunción ou copia compulsada.
  • Documentación acreditativa da condición de beneficiario da herdanza.


Compartir: