Domiciliacións bancarias

Descrición

Supoñen a orde, a unha entidade financieira, de pagamento de ingresos municipais con cargo á conta do solicitante.

Notas para o cidadán

Tramítase:
- Na entidade financieira onde se domicilie o pagamento (as entidades financeiras remítenas ao Concello).
- Na oficina de Atención ao Contribuínte.
- A través da carpeta cidadá (precisa clave de acceso) desta páxina web .

As domiciliacións terán validez por tempo indefinido, se ben os solicitantes poderán anulalas en calquera momento. Tamén poderán trasladalas a outras entidades financieiras, poñéndoo en coñecemento do Concello de Santiago antes da data límite que se sinala no punto seguinte.

Establécese como data límite para a admisión das solicitudes de domiciliación ou de traslado o día anterior do comezo do período de recadación voluntaria a partir do que producirán efecto. Calquera solicitude presentada fóra de prazo surtirá efectos para o exercicio seguinte.

A domiciliación deixará de ter validez cando sexa anulada polo interesado, cando sexa rexeitada pola entidade financieira ou cando o Concello dispoña expresamente a súa invalidez por razóns xustificadas.

A data de cargo en conta dos recibos domiciliados será o último día do período voluntario.

Solicítase en

Atención ao Contribuínte
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4-baixo
Tel.: 881 599 977 (de 8 a 20 h. en horario ininterrompido) / 981 542 384 (de 9 a 14 h.)
Fax: 981 542 381
Correo: Contactar co Concello
Horario: Atención presencial, de luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.
Horario especial de atención ao público ata o 15 de setembro:de 9:00 a 13:00 h. (agás horario específico de cita previa)

Preséntase en

Tramítase en

Atención ao Contribuínte

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: