Proxectos gañadores

Proxectos gañadores

1º PREMIO


Autor: Stefano Presi.



Valoración do xurado: O xurado valora a acertada ordenación do conxunto da praza na que destaca o esforzo por dotala de entidade e configurar nela un amplo espazo peonil apoiándose na fachada máis idónea.

Igualmente, o xurado valora a economía dos medios coa que se acada unha alta expresividade do conxunto apoiándose en pavimentación, espazos cubertos, e lucernarios sobre aparcadoiro.

Por outra banda, faise constar que en relación co trafico deben estudarse máis polo miudo algún aspectos de detalle: autobuses, paradas de taxis ...

Igualmente, entende que o proxecto plantexado debería buscar unha maior "presenza" a través dos espazos cubertos que se propoñen. Finalmente, na medida en que o proxecto definitivo o posibilite, entende que deberían conservarse algunha das árbores existentes.

Imaxes e descrición do proxecto: pdf 1 (2,6 M) | pdf 2 (3,2 M) | pdf 3 (2,7 M)

2º PREMIO


Autores: Carlos Higinio Esteban Crespo, Xosé Ramiro Sánchez Carro e Juan José Tur Mc Glone.



Valoración do xurado: Valórase a concentración do espazo peonil, aínda que quizais non no espazo máis axeitado. Valórase, igualmente, a proxección dos espazos cubertos e a súa proposta formal, mais non parece acertada a fragmentación tan rotunda da topografía da praza.

Así mesmo, o xurado estima que o esforzo por colocar as entradas e saídas do aparcadoiro non está xustificado dabondo.

Imaxes e descrición do proxecto: pdf 1 (5,9 M) | pdf 2 (2,6 M) | pdf 3 (15 M)

3º PREMIO


Autores: Marina Berasategui Canals e Remko Jan Dirkmaat.



Valoración do xurado: Trátase dunha proposta enormemente suxestiva na medida na que abre posibilidades a unha reflexión menos habitual de entender a cidade, quizais en liña con decisións audaces tomadas por Compostela en tempos pasados. Con todo carece de solucións matizadas en relación co propio tráfico e o uso estacional; ademais pola súa radicalidade non podería entenderse sen conexións máis estreitas co resto da cidade, o que supera a ambición inicial do concurso.

Imaxes e descrición do proxecto: pdf 1 (4,2 M)

4º PREMIO


Autor: José González-Cebrián Tello.



Valoración do xurado: A súa resposta é coherente coa evolución histórica desta parte da cidade. Valórase a ordenación do conxunto, pero o custo que supón o soterramento do tráfico anula o rédito obtido.

Imaxes e descrición do proxecto: pdf 1 (4,7 M) | pdf 2 (3,7 M)| pdf 3 (3,9 M)





Opina sobre o futuro da Praza de Galicia