Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 28 de setembro

10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
1. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2023/00040064W.
Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do día 27 de xullo de 2023.
2. ALCALDÍA. Referencia: 2023/00036882V.
Determinación dos días festivos locais para o ano 2024.
3. PLANEAMENTO. Referencia: 2022/00003175B.
Aprobación definitiva da Modificación puntual do PXOM no ámbito do SUD 9-10 (Estrada de Vigo-Chouchiños).
4. PLANEAMENTO. Referencia: 2023/00037144A.
Proposta de suspensión previa para estudo da reforma do planeamento vixente no ámbito da OE-6 (Escolas de Maxisterio en Xoán XXIII).
5. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023/00035910B.
Aprobación de expediente de crédito extraordinario 2023-CREXT-06, de importe 38.550,00 €, e de suplemento de crédito 2023-SUPLE-06, de importe 643.033,33 €, que se financian coa aplicación dunha parte do saldo actual do RLTGX 2022 nunha contía de 662.200,00 € e con baixas por anulación nun importe de 19.383,33 €.
6. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023-REC-09.
Aprobación de expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito para aprobar gastos rexistrados na conta 413 e outros gastos, por importe total de 703.167,26 euros, coa codificación 2023-REC-09.
7. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: LRP_2023-REC-10.
Aprobación de levantamentos de reparo de competencia plenaria e expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito para aprobar gastos rexistrados na conta 413 e outros gastos, por importe total de 508.254,53 euros, coa codificación LRP_2023-REC-10.
8. ÁREA IX.- MEDIO RURAL. Referencia: 2022/00035899G.
Proposta de levantamento de reparo sobre a certificación ordinaria número 5 da obra "Mellora do vial dende o entorno da N-550 en Barciela ata Casas de Arriba en Cesar: tramo da Igrexa de San Andrés da Barciela ata Cruce de Candelabeira".
9. SERVIZOS BÁSICOS. Referencia: 2023/00040280B.
Proposta de levantamento de reparo suspensivo factura F/2022/7060 (UCGAL).
10. PRESIDENCIA E TURISMO. Referencia: 2023/00006246H.
Rectificación do erro advertido no acordo plenario da sesión extraordinaria de data 9 de marzo de 2023, relativo ao NIF da entidade beneficiaria da subvención nominativa 2023 Junta de Cofradías de Semana Santa de Santiago de Compostela por importe de 3.000,00 euros do centro xestor 33.
11. Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a mellora das condicións da dársena de autobuses de Xoán XXIII.
12. Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a creación dun servizo de autobús lanzadeira ao aeroporto.
13. Proposición presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre a proposta de implantación dunha taxa turística.
14. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023/00021670P. Tomar coñecemento da execución orzamentaria do Concello de Santiago e do Auditorio de Galicia a 30/06/2023 e das modificacións orzamentarias do segundo trimestre de 2023 aprobadas por resolución.
15. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2023/00040134A.
Toma de coñecemento do informe anual da Intervención Xeral sobre resolucións adoptadas pola Presidencia da Corporación contrarias a reparos e resume de anomalías detectadas en materia de expedientes de ingresos e de omisión da función interventora.
16. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2023/00040064W.
Tomar coñecemento de Resolución da Alcaldía de delegación de data 8 de agosto de 2023.
17. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2023/00040064W.
Tomar coñecemento de resolucións da alcaldía e das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
18. Rogos, preguntas e interpelacións.
Interpelación:
1. Formulada polo PSdeG-PSOE sobre a parcela do antiguo colexio Peleteiro.
Rogos:
1. Presentado polo PSdeG-PSOE relativo á concesión da medalla ao mérito a dous policías locais.
2.Presentado polo PSdeG-PSOE sobre as obras de accesibilidade as rúas Alexandre Bóveda e Carlos Maside en Vite.
3.Presentado polo PSdeG-PSOE relativo ao mantemento e conservación do xardín vertical do muro da avenida de Lugo.
Preguntas orais:
1. Presentada polo PSdeG-PSOE sobre o aparcadoiro no que se converteu a Carballeira de San Lourenzo os días 24 e 25 de xullo.
2. Presentada polo PSdeG-PSOE sobre o incremento económico no servizo de axuda no fogar.
3. Presentada polo PP sobre as axudas ás comisións de festas.
4. Presentada polo PP sobre a demora na concesión da licenza de remodelación do CEGADI para a posta en marcha dunha unidade de coidados intermedios pública.
5. Presentada polo PP sobre a aportación do concello no coste dos servizos madrugadores e comedores escolares.
19. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos
municipais:
1. Presentada polo PSdeG-PSOE para instaurar a gratuidade dos libros de texto e materiais curriculares obrigatorios.
2. Presentada polo PSdeG-PSOE para levar a cabo o recuamento do muro da rúa da Vedra.
3. Presentada polo PP para o uso de himnos en actos institucionais do concello.
4. Presentada polo PP contra a tramitación dunha Lei de Amnistía.
5. Presentada polo PP para a mellora na execución do Plan de sostitibilidade turística na cidade.
6. Presentada polo PP para a creación dun plan integral de diversificación económica.

Compartir: