Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 29 de novembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, e do secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López Crespo, para presentar o faladoiro ‘Arredor da economía circular’, que terá lugar este xoves 2 de decembro dentro da campaña #EuCompost_ela.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

16.30 h
En La Petxina (Valencia), a concelleira de Economía, Facenda e Modernización da Administración Local, Marta Abal, participa, no "I Congreso Nacional da Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI), concretamente na "Mesa redonda de innovación aberta: CPI".

19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación San Antonio do Castiñeiriño.

20.00 h
No CSC do Ensanche, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega dos premios da campaña Merca e Gaña de Comercio Punto Compostela.

Compartir: