Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 29 de xaneiro

NOTA: enviarase nota cos acordos tratados na Xunta de Goberno local.

10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
1. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2024/00003299X.
Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do 21 de
decembro de 2023.
2. Proposición presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE para a
declaración de Santiago de Compostela como zona de mercado residencial
tensionado.
3. Proposición presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa ás
actuacións necesarias e urxentes para a mellora do ámbito de San Lourenzo-
Carme de Abaixo.
4. Proposición presentada polo grupo municipal do PP para promover vivendas
colaborativas "cohousing senior" en Santiago.
5. Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a creación do
Consello municipal de deportes.
6. Tomar coñecemento de resolución da alcaldía de delegación de atribucións.
7. Tomar coñecemento de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e
actas da Xunta de Goberno Local.
8. Rogos, preguntas e interpelacións.
Rogos:
1.- Formulado polo grupo municipal do PSdeG-PSOE relativo á situación do
departamento de cartografía.
2.- Formulado polo grupo municipal do PSdeG-PSOE para acordar a instalación dunha
placa homenaxe á historia do cinema en Compostela.
3.- Formulado polo grupo municipal do PSdeG-PSOE relativo ao control da normativa
de venda ambulante.
Preguntas orais:
1.- Formulada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á situación na que se atopa a rúa do Pombal e as inundacións que provoca en Campo das Hortas.
2.- Formulada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa aos procesos selectivos
de acceso libre e promoción interna.
3.- Formulada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á situación do contrato
da creación do portal web e da intranet municipal.
4.- Formulada polo grupo municipal do PP sobre os retrasos do contrato para a
rehabilitación do complexo deportivo de Santa Isabel.
5.- Formulada polo grupo municipal do PP sobre os incumprimentos do servizo de
limpeza.
6.- Formulada polo grupo municipal do PP sobre bonificación do IBI e ICIO polo uso de
instalacións enerxéticas alternativas.
Pregunta escrita:
1.- Formulada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre os contratos de festas
nadal 2023.
9. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos
municipais:
1.- Presentada polo PSdeG-PSOE relativa á situación na que se atopan os taxis
eléctricos.
2.- Presentada polo PP para a posta en marcha dun servizo de lavandería a domicilio
a persoas maiores de 65 anos.
3.- Presentada polo PP para incorporar a plataforma BIZUM como ferramenta de pago
para taxas, impostos ou outras transaccións económicas locais.
4.- Presentada polo PP en relación á licitación dos servizos de limpeza e conserxería
nos CEIPs de Santiago.
5.- Presentada polo PP para realizar melloras na parroquia de Marrozos.
6.- Presentada polo PSdeG-PSOE contra a xestión da marea dos "pellets" plásticos.
7.- Presentada polo PSdeG-PSOE para a creación dun aparcadoiro provisional en
superficie entre a avenida de Ferrol e Doutor Maceira.
8.- Presentada polo BNG, CA e PSdeG-PSOE de apoio á manifestación convocada
pola Plataforma SOS sanidade pública de Galicia en defensa de medidas urxentes
para salvar a sanidade.

Compartir: