Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 3 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, para presentar o programa de actividades dos centros. Na rolda tamén estará Miguel Pardellas, coordinador da actividade Descarbonízate, que non é pouco!
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asina convenios de colaboracións coas seguintes entidades:
- Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer, (AGADEA)
- Asociación Fonte da Virxe de Familiares e Amigos dos Enfermos Mentais
- Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM)
- Asociación de Dano Cerebral de Compostela "SARELA"
- Asociación Itinera De Voluntarios En Saúde Mental
- Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual, (ASPAS)

Compartir: