Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 23 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, para facer unha valoración das principais cifras turísticas do verán. Tamén estará na rolda a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra sobre asuntos de carácter local.

NOTA: retransmitiranse por streaming a través da páxina web municipal.

20.30 h
A Real Filharmonía de Galicia pecha as Xornadas de Música Contemporánea cun concerto no Auditorio de Galicia, baixo a dirección de Maximino Zumalave

Compartir: