Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 22 de setembro

10.30 h
Na Casa do Concello, xuntanza da Comisión Asesora do Patrimonio Histórico.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta María Rozas sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal

11.30 h
En San Caetano, reunión entre o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. (SÓ GRÁFICOS. Declaracións ao remate).

17.00 h
O concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, participa no webinario "Mobiliario urbano interxeracional", organizado polo Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia e polo Clúster da Saúde de Galicia no marco do ciclo CONECTADOS.

20.30 h
O Teatro Principal acolle o segundo concerto do Ciclo de Lied, a cargo do baixo-barítono Paul Gay e o pianista Maciej Pikulski

Compartir: