Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 2 de decembro

10.45 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación Hostelería Compostela.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para presentar o XIX Ciclocross Cidade de Santiago. Acudirá tamén o presidente do Club Ciclista Compostelano, Luis Neira Fontao.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para presentar o Campionato Galego de Karate. Participa tamén o presidente da Federación Galega de Karate e DA, Óscar Lafuente López.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e do concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, para presentar a programación de Nadal 2020.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

15.30 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa telematicamente na sesión "A mobilidade limpa, segura, accesible e sostible que combate o cambio climático e permite a conectividade en toda a cidade", dentro do Foro das Cidades: Diálogos-Medellín.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da exposición "Ricardo Carvalho Calero. A voz presente".

Compartir: