Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsions informativas para o xoves 15 de outubro

11.00 h.
Na Praza do Obradoiro, lectura da Declaración Institucional con motivo do Día Internacional das Mulleres Rurais. Asiste o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e membros da Corporación Municipal.

11:15 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Xuventude, Rubén Prol, para presentar o programa Noites alternas.

11.45 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal de Compostela Aberta, Branca Novoneyra, sobre asuntos de carácter local.

NOTA: as roldas retransmitiranse por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h.
No Salón Camelia do Hotel Eurostars Araguaney, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na rolda de prensa de presentación da Semana do Cine Árabe Amal.

19:00 h.
No Museo do Pobo Galego, a concelleira de Acción Cultural en funcións, Marta Abal, asiste ao acto de inauguración da exposición "Mar de Libros. Homenaxe á Xeración Nós", de Isabel Pintado.

20.30h
O Auditorio de Galicia acolle 'Inacabada', un concerto da Real Filharmonía de Galicia coa violinista Ellinor D'Mellon, baixo a dirección de Maximino Zumalave.
Será posible seguir o concerto por streaming no youtube e facebook da Real Filharmonía de Galicia.

Compartir: