Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 27 de agosto

10.00 h
Na Casa do Concello, o concelleiro Gonzalo Muíños, recibe a asociación francesa IRRP (Information Recherche Rétinite Pigmentaire), que se atopa facendo o Camiño de Santiago para concienciar sobre a discapacidade visual.

12.00 h
Na Casa do Concello (salón contiguo ao vermello), acto de formalización da cesión dun retrato de Francisco Vázquez Enríquez, alcalde de Santiago entre 1934 e 1936, realizado por Elvira Santiso. Asinan o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a neta de Francisco Vázquez Enríquez, María Concepción Vázquez de Benito.

Compartir: