Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 25 de novembro

10.15 h
No Edificio CIMUS, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na presentación do proxecto "Spin_up"

11.00 h
Na praza do Obradoiro, lectura do manifesto institucional con motivo da celebración do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. No mesmo acto diversos centros escolares composteláns representarán proxectos realizados para a ocasión dentro dun certame convocado dende a Concellaría de Igualdade.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta Marta Lois sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro secretario da Xunta de Goberno Local, Sindo Guinarte, para dar conta dos asuntos tratados.

13.00 h
No Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de clausura e entrega de diplomas do Programa Social Media, Marketing Dixital e Emprendemento.

13:00 h
No salón de graos do Pazo de San Xerome, a cconcelleira de Educación e Políticas de Igualdade, Noa Díaz, intervén no acto organizado pola USC con motivo do "Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres".

19.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside o acto de entrega do carné aos novos voluntarios de Protección Civil.

20.30 h
No CSC de Pontepedriña, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Veciños de Pontepedriña.

Compartir: