Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 20 de novembro

10.00 h
No Salón de Plenos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside un pleno infantil no que participará o alumnado do CEIP López Ferreiro, con motivo da conmemoración da Convención sobre os Dereitos da Infancia.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas de Igualdade, Noa Díaz, para presentar os vídeos realizados nos obradoiros Rural en Igualdade. Na rolda tamén estará quen os imparte, Cruz Dafonte, e catro mulleres participantes.

11.00 h
No Hostal, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de presentación da Federación de Asociacións de Alfombristas Galegos de Arte Efémera.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, para presentar as VI Xornadas Clínicas da Asociación de Psicanálise Aplicada (Gradiva). Na rolda tamén estarán Santiago Parada Nieto, presidente de Gradiva; e Jesús Dapena Botero, coordinador das xornadas.

12.00 h
Na praza do Obradoiro, minuto de silencio polo taxista asasinado en Madrid, convocado por RadioTaxi Compostela e TeleTaxi.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Compostela Aberta Jorge Duarte sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
En San Martiño Pinario, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega do Premio Internacional Pentafinium Xacobeo 2016-2019.

19.00 h
Na Sala Circular do Auditorio de Galicia, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste á presentación do libro "Formas do deseño. Galicia XXI", xunto a David Barro e Mónica Maneiro, comisarios da exposición do mesmo nome; María Ramos, diseñadora e autora da tipografía do libro; e Xaquín López, director-xerente do Auditorio de Galicia.

19.30 h
No Auditorio ABANCA (rúa do Preguntoiro, 23), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á conferencia do Premio Nobel de Química no ano 2015, Thomas Lindahl, dentro do Programa ConCiencia.

Compartir: