Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 2 de xuño

10.00 h
Os concelleiros de Turismo, Sindo Guinarte; de Urbanismo, Mercedes Rosón; e de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños; manteñen unha xuntanza telemática coa Asociación Hostalería Compostela.

11.00 h
Reunión telemática do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, cos responsables de TUSSA, para abordar a xestión da nova estación de autobuses da intermodal de Santiago.
NOTA: Enviaranse imaxes e audio da reunión.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes e de Benestar Animal, Esther Pedrosa, para dar conta do plan de desescalada nos seus departamentos. Na rolda tamén estará a directora do Refuxio, Olalla García.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

Compartir: