Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 26 de xuño

10.00 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na Comisión executiva da devandita entidade.

10.30 h
No recinto feiral de Amio, o concelleiro Gonzalo Muíños asiste á inauguración da sexta edición do Salón de Vehículos de Ocasión VO.

11.00 h
No aeródromo militar, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á cerimonia de entrega de mando do Aeródromo Militar de Santiago e Comandancia Militar Aérea de Aeroporto de Santiago ao coronel Pedro M. Díaz González.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

PRIMA20
12:00 a 20:00 h. Na praza de Cervantes, obradoiros de ourivaría, repuxado de prata e talla de acibeche.
12:00 h. En Área Central, Charo Pita: "A familia papaventos" (música infantil).
12:00 h. Na praza da Constitución, Culturactiva Producións: "Saaabor!" (teatro).
18:00 h. No CSC de Santa Marta, Rilo & Penadique: "A formiga no carreiro" (narración oral e música)
18:00 h. Na Colexiata de Sar, Pulpiño Viascón: "Pulpiño Viascón e os instrumentos máxicos" (música infantil).
18:00 h. No CSC de Vite, Teatro ó Cubo: "Ghop!" (circo).
18:00 h. Na Alameda, Fantoches Baj: "Os romeiros do caracol" (monicreques e música).
18:00 h. No parque de Eugenio Granell, Culturactiva Producións: "Saaabor!" (teatro).
19:00 h. No parque de Galeras, Sue Moreno: "4.0" (circo-danza).
19:00 h. Na Zona Vella e no Ensanche, Muiñeiros do Sarela (pasarrúas).
19:00 h. Na praza da Quintana, Cía. SanTango: "Historia dun abrazo" (danza-música).
20:00 h. No parque da Música, Faia: "Ao cabo leirín" (música).

Compartir: