Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 6 de outubro

9.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación Hostelería Compostela.

10.30 h
Na Casa do Concello, xuntanza da Comisión Asesora do Patrimonio Histórico.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Normalización Lingüística, Rubén Prol, para a presentación dun obradoiro de acollemento lingüístico.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro; e da vocal en Galicia da Asociación de Cancro de Mama Metastásico, Araceli Oubiña, para presentar a campaña "Máis investigación para máis vida". Na rolda de prensa tamén estarán, por videoconfrencia, a presidenta da Asociación, Pilar Fernández Pascual, e o cantante de Inmaculate Fools, Kevin Weatherill, que apadriña a iniciativa.

NOTA: ambas roldas serán retransmitidas por streaming a través da páxina web municipal.

Compartir: