Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 14 de xullo

10.30 h
Na Oficina de Atención ao Contribuínte (rúa Presidente Salvador Allende, 4, baixo - Galeras), a concelleira de Modernización da Administración Local, Marta Abal, presenta o sistema de xestión de turnos e cita previa en varios servizos do Concello.
NOTA: non haberá streaming, polo que se abre a convocatoria aos medios que queiran achegarse. O acto será gravado e subido posteriormente á páxina web municipal e á canle de YouTube do Concello de Santiago.

11.30 h
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, Ethel Vázquez, e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, supervisarán o remate das obras de mellora e integración paisaxística do Camiño Inglés ao seu paso polo Polígono do Tambre. Na contorna do cemiterio e tanatorio de Boisaca (rúa das Mulas). Haberá declaracións aos medios.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín e Navia Rivas, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

17.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Compostela Aberta Martiño Noriega e Rafael Peña.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

Compartir: