Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 11 de febreiro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, para presentar a memoria de actuacións de 2020 dos Bombeiros de Santiago. Tamén estará o xefe do servizo, Manuel Sanmartín.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira de Compostela Aberta, Marta Lois, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na xuntanza telemática do Foro Cívico.

12.00 h
Xornada de divulgación para colexios e institutos de Galicia "As ciencias, as nenas", con motivo do Día Internacional da muller e a nena na ciencia, data promovida polas Nacións Unidas. Participarán quince mulleres relevantes nas disciplinas STEM (siglas en inglés de ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas), e as empresas de animación científica e cultural Vermislab e Ciencia Divertida. Esta acción, promovida polo Concello de Santiago, a través do CEXTEC e Talentia Summit, poderá seguirse en directo na web: www.talentiasummit.com

Compartir: