Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 17 de xullo

11.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura "Compostela Photo", unha iniciativa de Santiago Centro que cubrirá de arte os portóns de 15 garaxes do Ensanche.
Punto de encontro: rúa Montero Ríos, 21.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web.

12.00 h
No Pazo de Fonseca, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega da VII edición dos premios Argos – Creando equipos emprendedores, da USC.

13.00 h
No salón amarelo, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, saúda ao xurado do Premio Compostela de Álbums Ilustrados. Darase a coñecer o fallo.

22.30 h
Pregón das Festas do Apóstolo a cargo dos colectivos especialmente implicados na loita contra a COVID-19 dende os balcóns do Pazo de Raxoi.

Compartir: