Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 29 de xaneiro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para presentar o Campionato Galego Alevín de Natación. Na rolda tamén estarán Carlos Touriño, presidente da Federación Galega de Natación; e José Rioseco, presidente e director técnico do CDN Ciudad de Santiago.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Noa Díaz, para presentar a programación da Escola Municipal de Música de febreiro a xuño de 2020. Na rolda tamén estará o director da Escola, Fernando Rey.

Compartir: