Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 28 de outubro

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

12.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese co coronel Francisco Javier Jambrina, xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña.

19.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción e entrega de diplomas ás entidades deportivas que participaron na Festa do Deporte.

19.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Veciños de Pontepedriña.

Compartir: