Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 4 de maio

10.00 h
En Madrid, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, reúnense coa directora xeral da Auga do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Liana Sandra Ardiles.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.15 h
Na Fundación Torrente Ballester, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económica e Turismo, Marta Lois, asiste ao acto de presentación da European Historial Cafés Association (EHICA), dentro da I Xornada "Os cafés, patrimonio cultural a través do tempo".

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da primeira tenente de alcalde, María Rozas, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.

12.00 h
Na sede de ACEM (rúa Queixume dos Pinos), a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asiste á presentación da IV Carreira e Andaina Solidaria pola Esclerose Múltiple.

18.30 h
No Centro Xove da Almáciga, Taller de Break-Dance coa Dani Pannullo Dancetheatre Co. De balde previa inscrición en teatroprincipal@santiagodecompostela.gal

Compartir: