Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 23 de maio

10.00 h
No Pazo de Congresos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á conferencia do profesor Stanley B. Prusiner, Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina 1997, dentro do programa ConCiencia.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na praza do Obradoiro, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presenta a III edición do programa Compostela Máis Solidaria. Na rolda tamén estará Lorena Seijo, vogal da Coordinadora Galega de ONGD. Haberá un almorzo de comercio xusto.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na sede do Consello da Cultura Galega, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de entrega das primeiras medallas da institución.

13.00 h
No aeroporto de Santiago de Compostela, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asiste ao acto de sinatura do convenio entre a Axencia Turismo de Galicia, o Concello de Santiago de Compostela e AENA para a cesión de uso temporal e gratuíta dun espazo para o establecemento dunha Oficina de Turismo compartida entre o Concello de Santiago e a Xunta de Galicia.

Compartir: