Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para luns 21 de maio

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do grupo municipal popular sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Marta Lois, para presentar as Festas de San Xoán.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para presentar "Hortalíza-Te, hortas ecolóxicas e formación para mocidade", actividade que xorde dos Orzamentos Participativos 2018. Tamén estará na rolda a docente do obradoiro, María Luz Eyo.

Compartir: