Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 17 de maio

12.00 h
No Teatro Principal, concerto "Día das Letras Galegas" da Banda Municipal de Música de Santiago e o Cantorum Compostellana Coniunctio.

12.00 h
Na Cidade da Cultura, o concelleiro Rafael Peña, asiste á entrega de premios da 5ª edición da carreira "Camiño das Letras".

12.00 h
No estadio de San Lázaro, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á celebración da Copa Gallaecia.

19.00 h
Con saída nas escaleiras do Museo do Pobo Galego, paseo literario "O Día das Letras Galegas e Compostela", dedicado a María Victoria Moreno e enmarcado nas actividades do Concello con motivo do Día das Letras Galegas. Durante o paseo teremos un recital de Celia Parra e ao final do percorrido, que será na praza de San Martiño Pinario, unha actuación de peche de Alba María.

Compartir: