Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 6 de marzo

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, Trompicallo presenta "Osiño", dentro do Programa Didáctico.

10.30 h
No Cersia, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, inaugura a xornada "O papel das cidades na economía circular", que servirá de clausura á campaña "Longa vida aos teus residuos electrónicos".

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
A concelleira de Igualdade, Marta Lois, visita a praza de Mazarelos, onde se levou a cabo unha intervención urbana coa instalación dunha estrutura temporal coa imaxe de Concepción Arenal, dentro do programa de actos con motivo do Día Internacional das Mulleres. Tamén estarán a presidenta da Comisión de Igualdade da Facultade de Filosofía, María Xosé Agra; a coordinadora da Oficina de Igualdade de Xénero da USC, Eva Aguayo; a vicedecana da Facultade de Filosofía, Nieves Herrero; e o decano da Facultade de Filosofía, José Miguel Sagüillo.

16.00 h
Na Casa do Matadoiro, Muller e bicicleta: MDNNA, faite vella con nós! Obradoiros e espectáculo de danza, dentro do programa de actos con motivo do Día Internacional das Mulleres.

Compartir: