Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 21 de marzo

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, Limiar Teatro presenta "O conto da azuzaina" dentro do Programa Didáctico.

11.00 h
No Salón de Plenos, pleno infantil co alumnado de 3º de primaria do Colexio Compañía de María.

11.00 h
Na sede da FEGAMP, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, asiste á Asemblea Xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar as actividades con motivo do Día da Árbore. Na rolda tamén estarán Luis Incera, xerente de Ferrovial en Santiago, e Marcos González, director do Museo de Historia Natural.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar o programa Con B de Barrio 2018.

16.00 h
No Pazo de Congresos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura o XXXV Congreso de Enfermería de Saúde.

17.00 h
No Centro Sociocultural de Santa Cristina, obradoiro para mellorar o benestar individual e colectivo das mulleres, dentro da programación do Día Internacional das Mulleres.

19.30 h
Na Zona "C", a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, inaugura a nova intervención do espazo "De como non casar / How Not to Get Married", das artistas Olalla Castro e Nicoleta Moise, que tamén participan na inauguración.

20.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down.

20.00 h
No Teatro Principal, Corpo Principal (recital) co que se inaugura o Alguén que Respira! I Festival de Poesía para Corpo Principal. Con María Xosé Queizán, Andrew McMillan, Olga Novo, Olvido García Valdés, Salvador García Bodaño e María Sevilla.

Compartir: