Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 3 de decembro

A partir das 9.00 h
No Auditorio de Galicia celébrase o IV Congreso Nacional de Amproband, Asociación de Músicos de Bandas Profesionais.

10.30 h
No Parque de Bombeiros, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presenta a nova uniformidade dos traballadores do Servizo de Extinción de Incendios.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto "Baixo o mesmo paraugas. Galicia pola diversidade", organizado por 49 entidades sociais das provincias da Coruña e Pontevedra con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, xunto a Luis Cobos, Casiano Mouriño, Rafael Sanz-Espert e o presidente de AMProBand, David Moltó. Presentan o concerto que a Banda Municipal de Música ofrecerá, xunto a 27 músicos de bandas profesionais de España, dentro do IV Congreso AMProBand que se está celebrando no Auditorio de Galicia.

21.00 h
No Teatro Principal, a Aula de Teatro da USC presenta a estrea de "A muller que tiña medo e marchou vivir ao Carrefour".

Compartir: