Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 30 de decembro

10.50 h
Traslación 2017
Ofrenda da Traslación dos Restos do Apóstolo Santiago.
Delegado rexio: Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia.
10.50 h.- Entrada da forza na praza do Obradoiro.
11.10 h.- Chegada do delegado rexio á praza do Obradoiro.
11.35 h.- Entrada na Catedral e comezo da cerimonia relixiosa.
13.10 h (aprox).- Recepción no Pazo de Raxoi.

De 12.00 h a 20.00 h
No Auditorio de Galicia, Festa do Apego. Un día de actividades variadas, con música, contos, danza, obradoiros, conversas e espazos de entretemento en galego para nenas e nenos de 0 a 6 anos. Entrada de balde ata completar aforo.

19.00 h
Na piscina de Santa Isabel, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á entrega de premios do Campionato Galego Absoluto de Natación.

Compartir: