Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 21 de decembro

10.00 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, visitan as obras realizadas na rúa Cañoteira de Marrozos.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Acción Cultural e de Centros Cívicos, Branca Novoneyra e Concha Fernández, para presentar a rondalla e as visitas de Nadal do Apalpador.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2.- Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3.- Ampliación dos usos dotacionais autorizados nas reservas de equipamento docente DEM-13 e DP-2/DI-2 do plan parcial de ordenación do SUP-6. Santa Marta.
4.- Aprobación inicial da modificación puntual do catálogo do PXOM: corrección de erros na ficha D-061 (casa en Lavacolla). Creación das fichas D-061 (a), D-061 (b-c) e D-061 (d).
5.- Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre a actuación do concello para garantir o avance na consecución da nova estación depuradora de augas residuais no Souto.
6.- Proposición do BNG, para a eliminación de eucaliptos próximos a núcleos de poboación, canles fluviais e rede viaria, ademais de crear unha liña de axudas para plantacións de frondosas caducifolias.
7.- Proposición do grupo municipal socialista pola mellora integral do barrio de Pontepedriña: axudas á rehabilitación, accesibilidade e aforro enerxético nas vivendas.
8.- Dar conta de resolución da alcaldía de data 13 de novembro de 2017.
9.- Dar conta de resolucións da alcaldía e das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
10.- Rogos, preguntas e interpelacións.

20.30 h
No Teatro Principal, "Nacidas libres", espectáculo de Contraproducións sobre un texto de Cándido Pazó, coa dirección de Cristina Domínguez e as actrices Rocío González, Casilda Alfaro, Mónica Camaño e Susana Dans. Entrada a 10 euros con descontos do 50% para diferentes colectivos.

Compartir: