Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 18 de decembro

9.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a Comisión Executiva e o Consello de Administración da devandita entidade. SÓ GRÁFICOS. Enviarase nota.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar os torneos de xadrez simultáneos dentro do programa "Muller e deporte".

11.20 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Animal, Noa Morales, para presentar as actividades de Nadal da Concellería.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Marta Lois, para presentar a campaña Agasallar con Igualdade.

19.30 h
Na sede de Abanca en Cervantes, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á presentación do libro "Los tesoros de la catedral".

Compartir: