Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 22 de xaneiro

10.00 h
No Salón Verde, constitución da Comisión municipal de Peleteiro.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, para presentar o concerto de NormalizAutismo. Na rolda tamén estarán Isabel González, presidenta da Asociación, e os cantautores Jorge Casal e Álvaro Iglesias.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta Marta Lois sobre asuntos de carácter local.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde da cidade Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a mostra ‘Xirarei: Deseño de cubertas no disco galego 1955/1995’. No acto participan tamén a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o comisario da mostra, Fausto Isorna; así como diversos prestadores públicos e privados.

Compartir: