Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 22 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, sobre asuntos da súa área.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o Roteiro Virtual da Lírica Medieval. Na rolda tamén participarán os profesores Yara Frateschi Vieira, da Universidade de Campinas, São Paulo; e Isabel Morán e José António Souto Cabo, da Universidade de Santiago.

DÍA DE SANTIAGO EN PADRÓN
13:00 h Recepción á Corporación de Santiago na entrada da rúa Real. Intercambio de bastóns de mando e de pendóns.
13:05 h Intervencións dos alcaldes de Santiago e de Padrón no salón de plenos do Concello de Padrón.
13:30 h Saída aos balcóns da Casa do Concello. Actuación das bandas municipais de música de Santiago e de Padrón na praza de Macías.

Compartir: