Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 15 de xaneiro

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, Baobab Teatro presenta "Martes" dentro da programación C Didáctica, dirixida a centros escolares.

10.15 h
En Santa Cristina de Fecha (Finca Pedra Castro), a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e o concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, visitan o obradoiro de emprego "CREAS". Na visita tamén participará a concelleira de Promoción Económica de Ames, Isabel González.
NOTA: Haberá un vehículo a disposición das e dos xornalistas, que sairá da praza do Obradoiro ás 10.00 h.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

Compartir: