Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 7 de decembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, para presentar as actividades con motivo do 70 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

13.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ás familias participantes no XVIII Encontro de Familias e X Encontro nacional de Irmáns de persoas Down España e Compostela.

Compartir: