Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 9 de xullo

10.30 h
No CEIP Monte dos Postes, a concelleira de Educación, Noa Díaz, visita os nenos e nenas que están a participar no Programa de Conciliación de Verán.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, para presentar o Día do Traxe nas Festas do Apóstolo. Na rolda tamén estará a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Astray; e Eva Calvo, responsable do departamento de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés Santiago.

11.30 h
Na sede do Consorcio, ROLDA DE PRENSA de presentación do proxecto expositivo do Consorcio de Santiago "Imaxinando Compostela". Asisten:
Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade
Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago
Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago
Juan Conde, responsable de publicacións do Consorcio
Mercedes Rozas, comisaria da serie de exposicións

Compartir: