Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 11 de xuño

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais en funcións, Concha Fernández, para presentar a Mostra de Teatro dos clubs dos centros cívicos. Tamén estará Xurxo Barcala, director e actor de teatro, e coordinador da mostra este ano.

19.30 h
Na Sala Capitol, coloquio con Pedro González e Simon Steen-Andersen, compositores, e Sara Méndez, saxofonista, previos ao concerto que ofrecerán ás 20.30 h, dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

20.30 h
Na Sala Capitol, "O xesto como sonoridade", concerto de Container #Galicia dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

Todo o día
En diversos espazos da cidade, Galicia Escena Pro 2019.

Compartir: