Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 4 de xaneiro

11.00 h
No CEIP Monte dos Postes, o concelleiro de Educación, Manuel Dios, clausura o Programa Municipal de Conciliación de Nadal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

17.00 h
No Estadio de San Lázaro, acto de nomeamento da instalación como Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro, coa presenza da propia futbolista e do alcalde de Santiago, Martiño Noriega.

20.30 h
No Teatro Principal, "Noites en Viena!", concerto de Reis da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Paul Daniel.

Compartir: