Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 29 de novembro

10.00 h
No Salón de Actos da Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, dan a benvida aos participantes na Xornada "Abordaxe do senfogarismo en Compostela: Estado da situación e plans de acción", organizada conxuntamente pola Concellaría de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde e a Mesa de traballo para o estudo da situación das persoas sen teito–transeúntes e dos recursos en Santiago de Compostela.

11.00 h
Na Sala Agustín Magán do Centro Cívico de Santa Marta, ROLDA DE PRENSA do colectivo RPM para presentar o segundo encontro anual de Residencias Paraíso. O encontro celébrase ao longo do día, desde as 10.00 ata as 20.00 h.

19.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ás ximnastas do Club deportivo ximnasia rítimica Compostela participantes no campeonato de España de 2018.

19.45 h
No Auditorio de Galicia (na Sala Mozart), Conversando con… Paul Daniel e Isabel Villanueva, previo ao concerto da Real Filharmonía de Galicia.

20.00 h
No Auditorio Abanca (rúa do Preguntoiro), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á conferencia do Premio Nobel de Química Jean-Pierre Sauvage.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, "Tras as liñas", concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro do Programa de Abono. Dirixida por Paul Daniel e con Isabel Villanueva, viola.

20.30 h
No Teatro Principal, Explica Danza presenta "Una conferencia bailada", dentro do programa PLATEA.

Compartir: