Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 16 de novembro

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira María Rozas para dar conta dos asuntos tratados na última sesión da Xunta de Goberno local.

17.00 h
No CIAC (Belvís), Obradorio de Compostaxe Doméstica. A actividade está dirixida a todos os públicos (nenos/as a partir de 9 anos). É de balde pero é preciso inscribirse.

19.00 h
En Cuenca (Espacio Torner), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa no acto de entrega do Premio Patrimonio 2018 á Raíña Dona Sofía.

19.15 h
No Museo das Peregrinacións, Lucía Palacios e Dietmar Post presentan o seu filme "La causa contra Franco", con coloquio posterior, dentro de Cineuropa.

20.00 h
No Teatro Principal, proxección de "Independenta României", de Aristide Demetriade e Grigore Brezeanu, co acompañamento musical en vivo da pianista Mihaela Duma, dentro de Cineuropa.

21.30 h
No Museo das Peregrinacións, Domingo Díaz presenta o seu filme "O desafío do Sil", con coloquio posterior, dentro de Cineuropa.

Compartir: