Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 12 de novembro

10.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa directiva do Ateneo.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista Gonzalo Muíños sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete sobre asunto de carácter local.

12.00 h
No Salón Vermello, acto de sinatura do protocolo para a campaña "EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS". Asiste o alcalde de Santiago, Martiño Noriega e representantes de 67 concellos e 3 deputacións.
Desenvolvemento do acto:
12.00 h: chegada dos/das representantes dos concellos e deputacións. Recepción e saúdo do alcalde, Martiño Noriega, nos soportais do Pazo de Raxoi. Foto de familia (na praza do Obradoiro).
12.15 h: comezo do acto no Concello. Interveñen:
- Deputada da Deputación da Coruña, Ánxela Franco
- Deputada da Deputación de Lugo, Sonsoles López
- Deputada da Deputación de Pontevedra, María Montserrat Magallanes
- Alcaldesa de Allariz, María Cristina Cid
- Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez
- Alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy
- Alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz Otero
- Alcalde de Nigrán, Juan González Pérez
- Alcaldesa de Narón, Marian Ferreiro
- Alcaldesa de Sarria, Pilar López
- Alcaldesa de Tomiño, Sandra González
- Alcalde de Vilar de Santos, Xoan Xosé Jardón
- Alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega
12.45 h: sinatura do protocolo.

Compartir: