Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 3 de setembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Centros Socioculturais, Javier Fernández, e de Medio Rural, José Manuel Pichel, para presentar a programación de actividades do curso 2019/20 dos centros socioculturais.

12.00 h
Na terraza do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación da sexta edición de WOS Festival x SON Estrella Galicia. Asisten: Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural; Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña; Jacobo Sutil, director de AGADIC; Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais; Víctor Mantiñán, responsable de Patrocinios Música en representación de SON Estrella Galicia; e Iván Arias, director da axencia Work On Sunday.

12.45 h
No local social do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º), ROLDA DE PRENSA de presentación do Festival Ateneo Barroco 2019. Asisten: Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural; Francisco Candela, secretario do Ateneo; José Víctor Carou, director artístico do Festival; e Cecilia Pereira, Comisaria do Xacobeo 2021.

14.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese cun grupo de estudantes alemáns que están a participar nos Cursos Internacionais da USC.

18.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe a Xunta de Confrarías de Semana Santa.

19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe a Asociación Galega de Produtores Independentes, AGAPI.

Festival HerDanza
21.15 h – CONVERSA – Casa do Matadoiro. «Intervencións en espazos non convencionais: Danza e Corpo en lugares singulares», con Merce de Rande e Bebeto Cidra.

Compartir: